RCD / NOVAS

Çolak leva o premio ao Xogador Estrela Galicia máis igualado

14/02/2017 17:00

Emre Çolak consegue por terceira vez (das cinco entregadas ata o momento) o premio ao Xogador Estrela Galicia do Dépor, neste caso do mes de xaneiro. O centrocampista turco conseguiuno na votación máis rifada e igualada de todas as que se levaron a cabo ata o momento. Dos 4.979 votos emitidos polos deportivistas nos perfís oficiais de Facebook e Twitter do Real Club Deportivo, Emre Çolak recibiu 2.213 (200 en Facebook -39,6%- 2.013 en Twitter -45%-) e Andone 2.205 (280 en Facebook -55,4%- 1.925 en Twitter -43%-). O resto de votos en ambas as plataformas foron para o terceiro dos candidatos, Guilherme.

Os deportivistas elixiron a Emre Çolak como o xogador máis destacado dos partidos contra Alavés -Copa ida e volta- Espanyol, Villarreal, Las Palmas e Eibar disputados ao longo do mes de xaneiro.

Deste xeito, o turco rompe a igualdade que ata o momento mantiña con Florin Andone no palmarés do Xogador Estrela Galicia 2016-2017. Emre Çolak, setembro, outubro e xaneiro; e Florin Andone, novembro e decembro, son polo momento, os xogadores Estrela Galicia do Dépor no que levamos de temporada.

Máis novas de: EMRE ÇOLAK