Çolak, Marlos, Estefi e Eva asinan mañá venres autógrafos en Marineda City
Os xogadores do Deportivo Emre Çolak e Marlos Moreno; e as futbolistas do Deportivo Abanca A Estefi e Eva asinarán autógrafos mañá venres 30 de decembro na caseta do Club na praza elíptica de Marineda City.
O acto será de 19.00 a 19.30, despois de que visitasen a Deportienda no citado centro comercial.