RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Coloccini, citado para dous partidos oficiais con Arxentina

 Fabricio Coloccini foi citado para dous encontros clasificatorios para o Campionato do Mundo de Sudáfrica 2010. Os partidos son ante Bolivia o sábado 17 en Arxentina e ante Colombia, en Bogotá, o martes 20 de novembro.

O Real Club Deportivo xa recibiu a citación de De Guzmán, que se enfrontará a Sudáfrica nun amigable en Durban, tamén o martes 20 de novembro.