RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Coloccini cre que o partido de Copa demostrou ''A unión incrible que hai no vestiario''

Fabricio Coloccini, un dos pesos pesados do Deportivo, compareció esta mañana en rolda de prensa no Complexo da Calderona. O internacional arxentino ve ao vestiario "moi ben. Está moi comprometido e además sabe o que hai e

Coloccini afirma estar totalmente recuperado dunhas molestias na cadeira, aínda que dixo que quedou fóra do once na Copa do Rei "por decisión do míster". Precisamente, ao seu xuízo, "ese partido de Barcelona demostrou a unión incrible que hai no vestiario. Xente con poucos minutos de xogo que fixeron un moi bo traballo".

Para o defensor branquiazul, "non nos pasa pola cabeza caer derrotados mañá". Asegura que "non nos fixamos no Levante. Temos que pensar en nós mesmos e en buscar a maneira de lograr o tres puntos". Por fin, cre que os puntos serán importantes antes do parón do Nadal, "porque así nos iremos coa cabeza en positivo, que ademais é a mellor maneira de afrontar a nosa situación".