RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Coloccini: Estou desexoso por devolver ao grupo todo o apoio que me mostrou

Coloccini pasouse esta mañá pola sala de prensa do Mundo do Fútbol. Joaquín Caparrós ensaiou durante toda a semana co internacional arxentino como lateral dereito. No primeiro tramo da competición, foi titular indiscutible no centro do campo. Colo prefire

Confesou o defensor deportivista estar "con moitas ganas de xogar", á vez que "desexoso de axudar ao grupo por toda a confianza e o apoio que me mostraron". Iso si, recoñeceu que esta posición, a de lateral dereito, do mesmo xeito que a de mediocentro, non é a súa posición natural e que "o lóxico é que cando se recupere Manuel Pablo sexa el o elixido". É máis, promete que traballará para xogar algún día "na miña posición natural, que é a de central".

Coloccini manifestou que ve ao vestiario "moi unido". É máis, apunta que os xogadores que acaban contrato en xuño "teñen un agarimo enorme ao Club. Seguro que están a desexar que ao Dépor non lle vaia mal no futuro".

Respecto da Real Sociedade, apunta o arxentino que está ante "unha das súas últimas oportunidades. En caso de perder, case dirían adeus". Aínda que non seguiu a traxectoria do conxunto donostiarrar, Coloccini está convencido de que "sairán a por todas".