RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Coloccini: Quedo no Dépor. Por encima de todo está o Club

Fabricio Coloccini compareceu esta mañá na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. O internacional arxentino asegurou que queda no Deportivo: "Onte houbo unha Xunta Directiva e acordouse que non me cedían a ningún equipo, independentemente do diñeiro que p

Un dos mundialistas que ten o Deportivo no seu persoal cre que o trato do Club é "fenomenal". "Co Presidente, chapeau. Tratoume moi ben e sempre que houbo algún problema resolvémolo en cuestión de minutos", engadiu Colo. Desvelou que si se reuniu co Presidente da entidade, Augusto César Lendoiro, a pasada semana. "Eu entendo a súa postura. Ten que velar polos intereses da entidade e ás veces non é fácil. Hai moita presión de xente de fóra", explicou.

O polivalente defensor deportivista dixo sentirse "orgulloso" polas palabras que lle dedicaron varios compañeiros, caso de Andrade, Cristian ou Estoyanoff, entre outros, nas que mostraban publicamente o seu desexo de que Coloccini quedase na Coruña.

Así mesmo, Coloccini opina que non xoga "por unha decisión de técnico que temos que respectar". A pesar de todo, o defensor branquiazul está disposto a cumprir o seu contrato íntegro no Deportivo. "Teño unha filla e a miña familia está moi contenta na Coruña. Temos claro que queremos quedarnos", indica. Finalmente, comparou o que viviu estes días coa súa saída do Milan: "O Milan queríame ceder sempre para que eu fose crecendo e puidese xogar algún día alí. Veu o Deportivo e deume a oportunidade de asentarme nun Club e quero facelo".