RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Coloccini: Temos un persoal bo e completo. Debemos saír a por todas

Fabrizio Coloccini adestrouse con total normalidade esta mañá en 'O Mundo do Fútbol'. Mañá xoves estará xa ás ordes de Joaquín Caparrós por primeira vez. "Levo pouco tempo no equipo, pero observo que xogamos máis arroupados en defensa", apunta o defens

-Coñecía xa a Taborda, a nova fichaxe?
-Non o coñecía. Si se que fixo moitos goles en Uruguai.

-Dóelle que un xogador como Valerón estea no banco?
-Dóeme entre comiñas, porque iso quere dicir que hai outro compañeiro que tamén o está facendo ben. Desde logo é difícil de entender poruqe é un gran xogador, que se cadra non está a pasar un bo momento.

-Que opinión merécelle o Atlético?
-Un gran equipo. Creo que foron os que mellor se reforzaron.

-Que lles pode achegar Bianchi?
-Pois sobre todo experiencia. Gañouno todo tanto en Arxentina como a nivel internacional.

-Que obxectivos ve ao Deportivo?
-Temos un persoal bo e completo. Debemos saír a por todas. O noso obxectivo debe ser o máis alto de todo.

-Ve ao equipo con máis garra que o ano pasado?
-O que si noto é que xogamos coas liñas máis xuntas.

-Que opinión ten da participación do equipo na Intertoto?
-Foi algo feo. Un empeza antes, sacrifícase moito, e que se nos escapou así no último partido...

-Vese pelexando polo posto con Andrade, por exemplo?
-Claro. Véxome pelexando con calquera. Eu estou tranquilo. Sei que adestrando duro cumpriranse os obxectivos.

-Se cadra como hai moitos centrais pono Caparrós de dianteiro.
-Acá estamos todos para sumar, aínda que si é certo que somos bastantes nesa posición.

-Vostede que ten experiencia na Intertoto tras xogala co Vilarreal, pode acusar o equipo fisicamente o esforzo de estar a competir desde o mes de xullo?
-Non. Para nada. Pode haber cansazo ao final, pero agora temos vantaxe sobre o resto porque xa estamos máis rodados.