RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Coloccini ve un ''futuro impresionante'' ao equipo e Adrián cre que o Dépor apuntará ''moi alto''

Onte xoves, Pablo Álvarez decía ante os medios de comunicación que o Deportivo pode facer "cousas importantes". Hoxe, un peso pesado, Coloccini, e un novo talento, Adrián, coincidían na sala de prensa do Mundo

"Este persoal ten un futuro impresionante. Hai moita calidade. Eu nunca dubidei diso", di o internacional arxentino. "Creo que imos apuntar moi alto", vaticina Adrián, bigoleador onte no Estadio Anxo Carro de Lugo.
Ademais, Coloccini mostrouse "orgulloso e halagado porque un adestrador da talla de Lotina, que tantos anos leva no fútbol español, fale así de min". E manifestou que aínda seguían as conversacións co Real Zaragoza, tamén para a ampliación do seu contrato no Dépor, pero "estou centrado totalmente no equipo", asegurou.