RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Comeza a 2ª volta con prezos de abonos rebaixados. Faite socio do Dépor e goza do tramo decisivo da temporada!

Os abonos para o que resta de Temporada 2018-2019, toda a segunda volta, están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista. 

Para a segunda metade do campionato é posible conseguir un carné do Deportivo pagando entre 50 e 357 euros en función das bonificacións e gozar do tramo máis decisivo da campaña.

Aos casos de sub-25, ADN Branquiazul, e outros carnés bonificados (estudantes, desempregados, discapacitados, maiores de 65 ou especial niñ@s) súmase unha oferta especial en Preferencia Superior Córner cun paquete de abonos só dispoñible esta temporada e para o que resta de competición.

Os abonos poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista da avenida da Habana (entrada Palcos VIP do Estadio ABANCA-RIAZOR), aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.