RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Completada a terceira xornada de LaLiga Genuine en Madrid

O equipo do Real Club Deportivo de LaLiga Genuine disputou esta fin de semana a terceira das xornadas desta competición organizada pola Fundación LaLiga, co Rayo Vallecano como anfitrión. Os 16 xogadores que se deron cita para esta xornada de LaLiga Genuine foron Iván Bernárdez, Sergio Díaz, Senén Fernández, Ignacio García, Jesús Máximo González, Gabriel López, Álvaro López, Anxo Martínez, David Miranda, Alejandro Agustín Pereira, Alejandro Rey, José Manuel Serrano, Juan Andrés Taboada, Juan Agustín Torrens, Víctor Vales e Mario Ventura.

Os resultados dos partidos do Dépor Genuine na Cidade Deportiva do Rayo Vallecano foron:

Sábado 6 de abril
10:00: SEVILLA FC 2-0 RC DEPORTIVO
17:00: RC DEPORTIVO 0-3 UD ALMERÍA

Domingo 7 de abril
12:00: LEVANTE UD 3-1 RC DEPORTIVO

Após a conclusión desta fase, só restará unha para chegar á finalización da temporada. Disputarase entre os días 14 e 16 de xuño en Valencia e nela participarán a totalidade de equipos (30) que forman parte de LaLiga Genuine.