RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Comunicado de Prensa de: Dr.Pedro Guillén, Juan Carlos Valerón e Servizos Médicos do Deportivo

Despois de case catorce meses de procesos médicos, fisioterapéuticos e de readaptación prescritos polo Dr. Guillén e os Servizos Médicos do R. C. Deportivo da Coruña, e culminándose por dúas veces a alta médica e a incorporación á competición deportiva (1

Na última revisión realizada polo Dr. Guillén (9 de marzo) determinouse que o xogador se sometería a cargas progresivas ata o 19-20 de marzo. A data de hoxe dáse por finalizado esta fase sen o éxito desexado. O Dr. Guillén e os Servizos Médicos do Deportivo, estando de acordo Juan C. Valerón, se se chegaba a esta situación, xa planificaran outras actuacións, mesmo viñan realizando estudos alternativos.

As probas médicas do estado actual do xeonllo esquerdo de Valerón terminarán de realizarse antes deste fin de semana, as mesmas inclúen diagnósticos e opinións de diversos expertos nacionais e internacionais. Se se resolven todos os temas técnicos, a previsión é que o futbolista ingrese este venres para ser operado o sábado (24 de marzo) na Clínica Cemtro de Madrid por un equipo coordinado polos Drs.: Antonio Mestre, Rafael Arriaza e Pedro Guillén. Na devandita intervención estará presente o doutor César Cobián.