RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Comunicado do futbolista Sergio González

Ante as informacións xurdidas en diferentes medios de comunicación a raiz das miñas palabras onte na sala de prensa do Mundo do Fútbol, quero manifestar o seguinte:

1.    En ningún momento foi a miña intención faltar ao respecto á afección do Real Club Deportivo, á que me debo ao defender esta camiseta e que sempre tivo un comportamento exemplar cara a nós, tanto nos bos como nos malos momentos.

2.    Quero recalcar que a afección, que paga unha entrada a un espectáculo deportivo, é soberana á hora de expresar as súas opinións. Nós, os futbolistas e protagonistas deste espectáculo, somos os que primeiro debemos facer exame de conciencia e saber que non estamos a facer as cousas ben.

3.    O meu único desexo foi e será sempre o de solicitar a todo os estamentos do deportivismo UNIDADE. Considero que un equipo de fútbol, incluído o Deportivo, chegará a ser o que queira a súa afección e a súa cidade.

4.    Desde que cheguei á Coruña e a este Club, fai xa sete anos, sentinme como na miña propia casa, algo que teño que agradecer sempre.