RCD / NOVAS

Comunicado do Real Club Deportivo ante a solicitude do Bergantiños CF

30/11/2019 19:51

O Real Club Deportivo, recibindo no día de onte a solicitude formal do Bergantiños CF para a disputa do partido de primeira eliminatoria da Copa de SM El Rey ante o Sevilla CF o vindeiro mércores 18 de decembro no Estadio ABANCA-RIAZOR, vese imposibilitado a atender a petición do Club carballés.

Motivos técnicos de mantemento do céspede polas copiosas choivas deste mes de novembro e as previstas para decembro, que mesmo impedirán os adestramentos do primeiro equipo e a disputa de partidos previstos do Deportivo ABANCA de Primeira Iberdrola, fan que non se poida acceder a colaborar, nesta medida, co Bergantiños CF.

O Real Club Deportivo si pon a disposición do Club das Eiroas as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo se se consideran apropiadas para a disputa do encontro ante o conxunto hispalense.