RCD / NOVAS

Conclúe a IV Liga Social Cidade da Coruña · RC Deportivo

17/06/2018 13:30

O pasado xoves púxose punto final á cuarta edición da liga Social Cidade da Coruña coordinada desde a Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, que en 2018 cumpre 100 anos de existencia. Nesta cuarta edición, a competición contou coa colaboración, un ano máis, do Concello da Coruña e o Real Club Deportivo.

A vitoria final levouna o equipo da Fundación Secretariado Gitano por diante de Padre Rubinos e Casco, que recibiron os seus correspondentes trofeos de mans dos veteranos do Real Club Deportivo Manolete, Chapela e Portela.

A competición arrincou o 23 de outubro no Pavillón de Cocheiras (Os Rosales) co saque de honra das futbolistas venezolanas do Dépor ABANCA Kika e Gaby.

Este ano sumáronse ao proxecto 9 entidades sociais da cidade da Coruña: Aspronaga, Adcor, Ápem, Fundación Secretariado Gitano, Cáritas Diocesana de Santiago, CASCO, Aclad, Accem e Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos.