RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACASA

CONCLÚEN AS OBRAS DE HABILITACIÓN DE ESPAZOS EXCLUSIVOS PARA DISCAPACITADOS EN RIAZOR

Esta semana concluíron no Estadio Municipal de Riazor as obras levadas a cabo polo Real Club Deportivo para ampliar, modernizar e construír os espazos necesarios para que os socios e afeccionados que acudan ao estadio en cadeira de rodas poidan dispor de

As instalacións construídas cumpren coas últimas normativas de accesibilidade, equipamento e seguridade para este tipo de espazos, permitindo aos usuarios total autosuficiencia e o poder avisar e ser atendidos en caso de calquera emerxencia. Deste xeito, o Real Club Deportivo continúa facendo patente a súa política de mellora constante das instalacións de Riazor para converter a visita dos socios e afeccionados á casa de todos os deportivistas nunha experiencia cada vez máis agradable.