RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Concurso para o deseño do cartel Teresa Herrera

O Real Club Deportivo convoca o concurso para o deseño do Cartel do Trofeo Teresa Herrera 2018, con arranxo ás seguintes BASES:

1.- Poderán participar no concurso todos os particulares e empresas que o desexen.

2.- Os participantes poderán presentar tantos deseños como queiran. As obras deberán ser inéditas, orixinais e poderán ser realizadas en calquera modalidade artística: fotos, debuxos… Os traballos deberán ser presentados sen a firma do autor ou autores. O contido textual do cartel poderá presentarse en galego ou en castelán.

3.- O premio ao cartel elixido serán 2 abonos de bancada do Real Club Deportivo para a Temporada 2018-2019 ou 2019-2020 e a participación en todos os actos protocolarios do Trofeo Teresa Herrera 2018 (recepción municipal con entrega dos carteis ao Concello e os equipos participantes, comida oficial, asistencia ao Palco de Honra e entrega do Trofeo).

4.- Os deseños deberán remitirse en soporte dixital en proporción 50x70 centímetros (300 PPP) ao correo: imagen@rcdeportivo.es

5.- Os deseños poderán remitirse até o 14 de outubro de 2018 ás 23:59 h.

6.- O correo electrónico deberá conter a seguinte información:

  1. Asunto do correo: Concurso Cartel Teresa Herrera 2018
  2. Imaxe ou imaxes cos deseños presentados e co título do cartel no seu nome.
  3. Documento adxunto cos seguintes datos:

                  - Título/s do cartel/eis.

                  - Nome autor, autores ou empresa.

                  - NIF/CIF

                  - Teléfono de contacto. 

7.- O cartel gañador, elixido por un xurado formado por 2 representantes do Real Club Deportivo, 1 representante do Concello, 1 representante de Estrella Galicia, patrocinador principal do Trofeo, e 1 artista de recoñecido prestixio, darase a coñecer publicamente a semana do 15 de outubro de 2018. O concurso poderá declararse deserto.

8.- O cartel deberá conter as seguintes inscricións:

LXXIII TROFEO TERESA HERRERA DE FÚTBOL MASCULINO · VI TERESA HERRERA DE FÚTBOL FEMININO

Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR · 14 de novembro de 2018

18:15 h. Deportivo ABANCA - Athletic Club

20:45 h. RC Deportivo - Athletic Club

Deberá conter os logos do Real Club Deportivo, Concello da Coruña, Athletic Club e Estrella Galicia. En todos os casos, deberá terse en conta que ademais das inscricións citadas, o cartel podería tamén conter logotipos doutros patrocinadores do Club ou do Trofeo. 

Manual RC Deportivo            

Escudo Athletic Club              

Manual Estrella Galicia          

Logos Concello       

Manual Concello

9.- O Real Club Deportivo poderá utilizar a imaxe seleccionada para cuantos desenvolvementos considere oportunos, podendo reproducila e aplicala aos formatos e soportes que a organización e a difusión de imaxe e publicitaria do torneo requira.

 

A Coruña, 1 de outubro de 2018