O Real Club Deportivo convoca o concurso para o deseño do Cartel do Trofeo Teresa Herrera 2019, con arranxo ás seguintes BASES:
1.- Poderán participar no concurso todos os particulares e empresas que o desexen.
2.- Os participantes poderán presentar tantos proxectos como queiran. As obras deberán ser inéditas, orixinais e poderán ser realizadas en calquera modalidade artística: fotos, debuxos… Os traballos deberán ser presentados sen a firma do autor ou autores. O contido textual do cartel poderá presentarse en galego ou en castelán.
3.- O premio ao cartel elixido serán 2 abonos de bancada do Real Club Deportivo para a Temporada 2019-2020 e a participación en todos os actos protocolarios do Trofeo Teresa Herrera 2019 (recepción municipal con entrega dos carteis ao Concello e os equipos participantes, asistencia ao Palco de Honra e acto de entrega dos Trofeos).
4.- Os deseños deberán remitirse en soporte dixital en proporción 50x70 centímetros (300 PPP) ao correo: imagen@rcdeportivo.es
5.- Os deseños poderán remitirse até o domingo 21 de xullo de 2019 ás 23:59 h.
6.- O correo electrónico deberá conter a seguinte información:
Asunto do correo: Concurso Cartel Teresa Herrera 2019
Imaxe ou imaxes cos deseños presentados e co título do cartel no seu nome.
Documento adxunto cos seguintes datos:
- Título/s do cartaz/ces.
- Nome autor, autores ou empresa.
- NIF/CIF
- Teléfono de contacto.
7.- O cartel gañador, elixido por un xurado formado por 2 representantes do Real Club Deportivo, 1 representante do Concello, 1 representante de Estrella Galicia, patrocinador principal do Torneo, e o gañador da anterior edición ou un artista de recoñecido prestixio, darase a coñecer publicamente a semana do 22 de xullo de 2019. O concurso poderá declararse deserto.
8.- O cartel deberá conter as seguintes inscricións:
LXXIV TROFEO TERESA HERRERA DE FÚTBOL MASCULINO · VII TERESA HERRERA DE FÚTBOL FEMENINO/FEMININO
Estadio Municipal ABANCA-RIAZOR · 10 de agosto de 2019
18:30 h. Deportivo ABANCA - UD Granadilla Tenerife
21:00 h. RC Deportivo - Real Betis
Deberá conter os logos do Real Club Deportivo, Concello da Coruña, Real Betis Balompié, UDG Tenerife, Estrella Galicia e ABANCA-RIAZOR. En todos os casos, deberá terse en conta que ademais das inscricións citadas, o cartel podería tamén conter logotipos doutros patrocinadores do Club ou do Trofeo.
9.- O Real Club Deportivo poderá utilizar a imaxe seleccionada para cantos desenvolvementos considere oportunos, podendo reproducila e aplicala aos formatos e soportes que a organización e a difusión de imaxe e publicitaria do torneo requira.
A Coruña, 12 de xullo de 2019