RCD / NOVAS

Confirmada a lesión no nocello dereito de Pablo Trigueros

27/09/2021 10:54

As probas médicas realizadas no Hospital Quirón Saúde A Coruña confirmaron o diagnóstico inicial do vestiario do Estadio Reina Sofía sobre Pablo Trigueros: escordadura no seu nocello dereito.

Por conseguinte, o futbolista branquiazul estará os próximos días con tratamento médico e de fisioterapia e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: PABLO TRIGUEROS