RCD / NOVAS

Confirmadas as lesións musculares de Eneko Bóveda e Sabin Merino

09/03/2020 16:28

Os Servizos Médicos realizaron esta mañá probas médicas aos futbolistas Eneko Bóveda e Sabin Merino, que foron substituídos o pasado sábado no Estadio Xogos Mediterráneos de Almería no transcurso do encontro.

Ambos os xogadores presentan lesións musculares: no caso de Eneko Bóveda no bíceps femoral da súa perna dereita; e Sabin Merino, no semitendinoso da súa perna dereita.

Estarán uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, segundo evolución, pasarán acto seguido á fase de readaptación, baixo a supervisión do readaptador do primeiro cadro, Fran Molano, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.