RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Conta atrás desde mañá mércores para a visita do Dépor o domingo ao Real Racing Club

O Dépor dispón de oito días de marxe entre o partido do pasado sábado 16 de outubro en ABANCA-RIAZOR fronte ao UD San Sebastián de los Reyes e o do próximo domingo 24 en El Sardinero ante o Real Racing Club (12:00 horas, Footters), é dicir, unha semana longa por diante.

Por este motivo, Borja Jiménez concedeu dous días de descanso ao seu cadro, o pasado domingo e hoxe martes, pero interrompidos por unha sesión matinal onte luns en Abegondo, que foi máis suave para os titulares ante o UD Sanse.

Mañá mércores 20 de outubro, o Dépor xa se pon ao choio de cara ao choque de Santander.

O corpo técnico dispuxo catro sesións de traballo, tres delas en Abegondo e unha, a do xoves, en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.

Cada vez que haxa adestramento na Cidade Deportiva, o cadro reunirase para almorzar previamente no comedor da instalación.

O sábado, o equipo adiantará unha hora o traballo e en lugar das 10:30 adestrarase ás 9:30, co obxecto de desprazarse a continuación en autocar a Santander.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 20 de outubro
10:30 h., en Abegondo

Xoves 21 de outubro
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada

Venres 22 de outubro
10:30 h., en Abegondo

Sábado 23 de outubro
9:30 h., en Abegondo

Domingo 24 de outubro
12:00: Real Racing Club - Deportivo, en El Sardinero