RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Convenio entre o Nacional e o Deportivo<br>Gustavo Munúa, novo xogador branquiazul

O gardameta uruguaio Gustavo Munúa foi presentado como novo xogador deportivista. Munúa, de 25 anos, provén do Nacional de Montevideo e militará cedido durante a tempada 2003 - 2004 no Deportivo aínda que o contrato contempla unha opción de compra por sei

Augusto César Lendoiro deu a benvida ao xogador, que se mostrou encantado de recalar no club herculino.

Convenio de colaboración

Así mesmo, Augusto César Lendoiro e o seu homólogo no Nacional de Montevideo, Eduardo Ache, mostráronse moi satisfeitos co convenio de colaboración subscrito entre ambas as entidades que afecta tanto aos primeiros persoais, como aos conxuntos da canteira e posibilitará mesmo a formación de técnicos.

Datos de Gustavo Munúa:
Nome: GUSTAVO ADOLFO MUNUA BEIRA
27/01/1978 en Montevideo (Uruguai)
Nome futbolístico: MUNUA
Demarcación: PORTEIRO
Altura: 1,88
Peso: 87
Provén do: Club Nacional de Fútbol - Montevideo (Uruguai)