RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Convocatoria urxente e extraordinaria de probas de acceso ao Curso de Adestradores do Deportivo

A Consellería de Educación confirmou ao Real Club Deportivo a concesión extraordinaria dunha nova convocatoria para as probas de acceso ao curso de adestradores 2017-2018. As probas terán lugar nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo o vindeiro xoves día 21 a partir das 11:30 horas. O prazo para presentar a documentación necesaria conclúe o martes 19 ás 19:00 horas.

Documentación requirida:

1.- Folla de inscrición/matrícula segundo modelo da Xunta (Descargar).
2.- Xustificante de pago da taxa (34 euros) para as probas de acceso modelo Xunta (modelo orientativo de como se debe cumprimentar).
3.- Fotocopia do DNI, polas dúas caras.
4.- Certificado ou Título da ESO ou Bacharelato, orixinal ou copia debidamente compulsada.

Os interesados na preinscrición deben poñerse en contacto urxente con Miguel Gamallo a través de miguel.gamallo@rcdeportivo.es ou o teléfono 689 618 558. A entrega da documentación pode realizarse na Cidade Deportiva de Abegondo ou na Oficina de Atención ao Deportivista en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. de luns a venres.

A información e documentación completa do Curso de Adestradores do Deportivo que alcanza este ano a súa décimo segunda edición pode consultarse nesta ligazón