RCD / NOVAS

Copa e liga en Abegondo esta semana para o Deportivo ABANCA

17/03/2019 18:56

O Deportivo ABANCA encara unha apertada semana con dous partidos oficiais, de liga e copa, en Abegondo. 

O martes 19, día festivo, ás 12:00, as deportivistas reciben ao Atlántida de Matamá na 2ª xornada do grupo 1º da Copa Galicia de Segunda División Nacional. A entrada será gratuíta para os afeccionados.

E o domingo 24, o Deportivo ABANCA mídese na Cidade Deportiva, tamén ás 12:00, ao Victoria FC, en choque correspondente á 23ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

Como é habitual en liga, os socios deportivistas teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros, e 3 euros para os menores de 14 anos.

As deportivistas mandan na categoría con 64 puntos por 57 do Oviedo Moderno CF, segundo clasificado, que empatou hoxe domingo en Santander (1-1) contra o CDE Racing Féminas.

Con 4 partidos por diante, é dicir, 12 puntos en xogo, as deportivistas avantaxan en 7 puntos ás ovetenses. O título está pois ao alcance da man para o cadro de Manu Sánchez.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 18 de marzo
20:00: Adestramento en Abegondo

Martes 19 de marzo
Copa Galicia, 12:00: Deportivo ABANCA - Atlántida de Matamá, en Abegondo

Mércores 20 de marzo
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 21 de marzo
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 22 de marzo
17:00: Adestramento en Abegondo

Domingo 24 de marzo
12:00: Deportivo ABANCA - Victoria FC, en Abegondo