RCD / NOVAS

Costa Rica, a petición do Deportivo, libera a Celso Borges, que chegará mañá á Coruña

  A Federación Costarriqueño de Fútbol atendió á petición do RC Deportivo e liberó a Celso Borges para que poida regresar inmediatamente á Coruña. A súa chegada está prevista para mañana pola tarde. Nada más aterrar na cidade herculina, será avaliado polo traumatólogo do Club, Rafael Arriaza.

15/11/2015 10:13

Celso Borges caeu lesionado con Costa Rica no partido ante Haití (1-0), no primeiro dos dous choques clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018 previstos para este mes de novembro. Os Servizos Médicos da Selección de Costa Rica puxéronse en contacto cos Servizos Médicos do RC Deportivo e comunicaron que o futbolista branquiazul sufriu "un trauma distorsivo do pé esquerdo, o cal provocou unha fractura do quinto metatarsiano. Dita fractura foi confirmada por tomografía".

Fayçal xoga mañá con Marrocos en Guinea Ecuatorial
 
Hoxe en Bata, a selección de Marrocos na que se atopa o deportivista Fayçal, xogará ante Guinea Ecuatorial o partido de volta desta eliminatoria de clasificación para o Mundial de Rusia 2018.
 
Fayçal Fajr non chegou a saltar o terreo de xogo no triunfo de Marrocos (2-0) ante Guinea Ecuatorial no Estadio de Agadir o pasado xoves.
 
Medunjanin, suplente na Bosníaca - República de Irlanda
 
Haris Medunjanin non saltou ao terreo de xogo coa súa selección, Bosnia Herzegovina, no partido de ida da eliminatoria de repesca para a Eurocopa 2016 ante a República de Irlanda. Tras a igualada a un tanto en Zenica (Bosnia), decidirase todo no partido de volta en Dublín, mañá de novembro ás 19.45 h.

Máis novas de: MEDUNJANIN, BORGES, FAYÇAL