RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Costa Rica chama a Celso Borges para dous partidos oficiais en setembro

  A selección de Costa Rica citó a Celso Borges para dous partidos oficiais no parón ligueiro de setembro. Ambos os choques son clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018. Así, o venres 2 de setembro, Costa Rica visi

Fayçal, preconvocado por Marrocos

Marrocos preconvocó a Fayçal Fajr para dous encontros o próximo mes de setembro. O xoves 31 de agosto, a selección marroquí visita Albania nun amigable; e o domingo 4 de setembro, Marrocos recibe a Santo Tomei e Príncipe, xa en partido clasificatorio para a Copa de África.
 
Nos próximos días, a Federación Marroquí de Fútbol fará pública a convocatoria oficial.
 
Turquía e Emre Çolak
 
A selección de Turquía tamén preconvocó a Emre Çolak para un partido amigable, o xoves 31 de agosto en Antaya ante Rusia; e un partido clasificatorio para a Copa do Mundo 2018, o luns 5 de setembro en Zagreb fronte a Croacia.
 
O vindeiro venres 26 de agosto, a Federación Turca fará pública a lista definitiva. En caso de estar convocado, Emre Çolak terá que presentarse o sábado 27 de agosto na localidade turca de Antalya.
 
Florin Andone, citado por Romanía para un partido oficial
 
O dianteiro deportivista Florin Andone foi convocado pola selección de Romanía para un partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018.
 
O encontro será o domingo 4 de setembro ante Montenegro no Cluj Area de Romanía. O futbolista branquiazul incorporarase o vindeiro domingo 28 de agosto á concentración romanesa.