RCD / NOVAS

Costel Pantilimon, novo porteiro do Dépor

01/09/2017 21:15

Costel Pantilimon (Bacău-Romanía, 1 de febreiro de 1987) converteuse esta tarde en novo porteiro do Real Club Deportivo. O internacional romanés chega cedido ata final de temporada polo Watford da Premier League inglesa.

Porteiro de gran envergadura e altura (2,02 m.) Pantilimon debutou como profesional no Aerostar Bacău en 2003 antes de dar o salto á Primeira División do seu país para defender a portería do FC Timișoara, equipo no que militou cinco temporadas. A súa carreira continuou en 2011 nas illas británicas para xogar no Manchester City (2011-2014), Sunderland (2014-2016) e Watford (2016-2017).

Internacional en todas as categorías da selección romanesa, disputou 25 encontros coa absoluta, coa que se atopa actualmente concentrado xunto ao dianteiro deportivista Florin Andone.

Máis novas de: PANTILIMON