RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cris Martínez e Diego Villares participarán nas xornadas do Concello Deporte para a igualdade

Cris Martínez e Diego Villares serán a representación do RC Deportivo nas xornadas organizadas polo Concello da Coruña tituladas Deporte para a igualdade, con motivo do Día Internacional para a erradicación da violencia contra a muller (25 de novembro) e o Día Internacional da Discapacidade (3 de decembro).

Os futbolistas branquiazuis estarán concretamente na mesa de debate titulada "Deportistas de elite", que terá lugar o luns 28 ás 16:30 h. no Fórum Metropolitano do Parque Europa. Xunto a eles David Arcay (tetracampeón do mundo de pesca), Carmen Sánchez (Unicaja Xaén), Sofía Toro (Campioa olímpica de Match Race) e un representante do Club Básquet Coruña. Moderará o encontro Madó González (A mochila do deporte).

As xornadas comezan hoxe ás 17:00 no propio Fórum Metropolitano do parque Europa coas Pioneiras do deporte feminino de elite na nosa cidade. O martes ás 17:15 no Palacio dos Deportes de Riazor será a quenda para adestradoras e adestradores, o mércores ás 17:00 h. no mesmo escenario para os clubs, ao día seguinte no mesmo sitio e á mesma hora para os xornalistas, mentres que as dúas últimas xornadas volven ao Fórum (17:00 h. venres e 11:30 sábado) para abordar o tema desde a perspectiva da arbitraxe e de deportistas con discapacidade.

En todos os casos a entrada é libre até completar aforamento e as xornadas se completan cunha exposición fotográfica.