RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Cris Oreiro súmase ao Deportivo ABANCA 2017-2018

Cristina Oreiro García (Berna - Suíza, 7 de xaneiro de 1993) é nova xogadora do Deportivo ABANCA, co que viña adestrando desde a pretemporada, recuperándose dunha lesión sufrida durante o pasado exercicio.

A pesar de ter soamente 24 anos, Cris Oreiro conta con ampla experiencia na Segunda División Nacional, na que disputou varias temporadas con equipos como o Victoria, no que militou de 2011 a 2016, ou o CPM Friol, no que actuou a campaña pasada, a 2016-2017.

Con anterioridade deu os seus primeiros pasos no CF Oseiro e o Pastoriza CF.

Cris Oreiro, que xoga como dianteira, tamén destacou no fútbol sala, que compaxinou durante varios anos. Neste deporte militou en equipos como o CEIP Galán, o CD Mabegondo, o Suevos Manureva ou o Viaxes Amarelle.

Deste xeito, o cadro do Deportivo ABANCA, que lidera o campionato despois de sumar 9 puntos de 9 posibles, queda composto por: Anita, Malena e Sheila (porteiras), Cris, Miga, Miriam, Raquel, Silvia Mérida, Laura Vázquez e Patri Rúa (defensas), María Corral, Teresa Abelleira, Kika Moreno, Lía e Iris (centrocampistas), Estefi, Nuria, Gaby García, Peke, Jone, Sara e Cris Oreiro (dianteiras).