RCD / NOVAS

Cristian: O balance é moi positivo. Xoguei moitos minutos en primeira división

Ver rolda de prensa de Cristian O mozo Cristian, que está a piques de cumprir a súa primeira tempada na máxima categoría do fútbol español, foi o protagonista esta mañá na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Cristian fixo un breve repaso a este curso: "O balance é moi positivo. Xoguei moitos minutos en Primeira División". Por iso, tivo palabras de eloxio e agradecemento cara a Joaquín Caparrós: "Téñolle que estar moi agradecido porque foi o que me permitiu debutar na elite".

08/06/2007 14:14

Cristian confirmou que o vestiario deportivista está á marxe de quen será o adestrador do ano que vén, a falta dunha reunión a próxima semana entre Joaquín Caparrós e o Presidente, Augusto César Lendoiro. "Se se vai Caparrós, que a nós non nos dixo nada, seguro que virá outro".

Máis novas de: CRISTIAN

RCD / Noticias Relacionadas

21/07/2009 18:52 |

Cristian traspasado ao Hércules

O Deportivo alcanzó un acordo co Hércules para o traspaso dos dereitos federativos do centrocampista Cristian a cambio de 200.000 euros (más IVE). Por conseguinte, o Club desmente que ao futbolista concedeulle a carta de liberdade e que perdoase débeda algunha ao Deportivo.