RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal alerta dun "escenario de moita presión" con "unha afección que empuxa moito"

Cristóbal Parralo recalcou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "cada vez que saímos ao campo hai que competir da mellor maneira. Tentar buscar a vitoria. Temos que saír coas sensacións de que puidemos ter opcións de gañar o partido".

Confirmou que tanto Sidnei, que recibiu hoxe mesmo a alta médica, como Schär, que se adestrou cunha protección no seu nariz, "están coas máximas garantías de poder competir. Se non optariamos por outros xogadores".

Do Sevilla, un rival de Liga de Campións enfronte mañá sábado 2 de decembro no Estadio Sánchez Pizjuán (18:30 horas, Bein LaLiga), indicou que "é un bo equipo, cunha afección que empuxa moito, un escenario de moita presión".

Advirte que o club sevillista ten "un gran cadro, con bos xogadores. Cambiaron este ano algún pero viñeron outros tamén de nivel. É un equipo que mete moita intensidade, un equipo con desequilibrio nas bandas, cun xogo áereo moi perigoso, con moitas virtudes".

A pesar diso, lembra que "independentemente de contra quen xoguemos, o que máis me preocupa é o meu equipo, que estea á altura das circunstancias, que traballe como o sabe facer. E este é o meu traballo".

Da presenza de Arribas e Andone, Cristóbal resolveu así a pregunta: "O caso acabouse o outro día. Xa dixen que o xoves volvían adestrar co grupo. Hoxe veñen convocados porque cremos que poden axudar ao equipo. Son xogadores dispoñibles como o resto de compañeiros".