RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal: "Cada vez que poñemos esta camiseta temos que defendela da mellor maneira"

Cristóbal Parralo manifestou na sala de prensa de Abegondo, respecto ao encontro de Copa do Rei (volta de dezaseisavos de final) de mañá mércores 29 de novembro nas Palmas que "cada vez que poñemos a camiseta do Deportivo temos que defendela da mellor maneira. Imos alí representando ao Club, a tentar competir da mellor maneira, e a tentar dar o nivel que a xente espera de nós".

Nesta liña, engade o técnico deportivista que "neste partido temos moito máis a gañar que perder. A eliminatoria xa quedou na ida bastante encarrilada para eles. Nós tentaremos xogar da mellor maneira e ver como vai".

Por este motivo, lembrou Cristóbal que "en tres días (sábado 2 de decembro ás 18:30 horas no Estadio Sánchez Pizjuán) temos un partido importante en Sevilla".

Preguntado polo sucedido no adestramento de onte, Cristóbal explicou que "de maneira interna estamos a tentar xestionalo da mellor maneira. Pasa moitas veces en moitos equipos. Foi un calentón entre dous compañeiros (Arribas e Andone). A partir de aí nós tentamos que a dinámica de grupo sexa a mellor posible e que cando haxa faíscas non se converta nun incendio. Tentamos que impere o respecto e que podamos traballar todos da mellor maneira".

Na súa opinión, "non hai que darlle moita importancia. Somos un equipo onde tentamos solucionalo todo de maneira interna e tomando as decisións xuntamente co corpo técnico e o resto do cadro. A partir de aí tentaremos ser máis fortes como grupo, e que non volva ocorrer".

Subliña que "o aclaramos todo. Espero que non se volva a producir. Temos que centrarnos nos dous partidos que temos agora, Las Palmas e Sevilla. Isto hai que deixalo aparcado. Creo que está solucionado por parte do grupo, ímolo levar ben. Non creo que guste a ninguén".

Resolveu o tema recalcando a súa decisión e a ausencia dos dous xogadores na lista de convocados para mañá mércores: "Hoxe non adestraron co grupo e non viaxan ás Palmas. A partir de aí eu tomei a decisión que me correspondía como adestrador".