RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal fala de "derrota difícil de dixerir"

Cristóbal Parralo cualificou o resultado final do encontro desta noite no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Valencia CF como "derrota difícil de dixerir, pero non queda outra".

Nesta liña, confesou sentir "impotencia porque o equipo estaba a facer as cousas ben. Tivemos algunha ocasión moi clara para poñernos por diante no marcador. Sempre temos que estar a remar contra corrente. En Primeira División é moi difícil darlle a volta aos partidos cada semana".

O técnico deportivista destaca "eses detalles que nos custan tan caro. Hai que asumilo, seguir traballando e seguir mellorando".

Cristóbal insiste en que "con traballo podemos saír de aquí. Non vexo a un equipo que non queira ou que non traballe para iso".

Pola súa banda, Marcelino, técnico da Valencia, manifestou que "sabiamos que o partido ía ser moi difícil porque o Dépor é un equipo que xoga ben en ataque. Ademais hoxe xogou moi ofensivo, íanos a esixir moito defensivamente".

O adestrador valencianista cre que "defendemos moi ben, o equipo estivo moi comprometido, moi sólido. Sabiamos da importancia que tiña defender ben para lograr unha vitoria. O campo tamén se puxo complicado, moita choiva. Liquidamos o partido moi ben".