RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal: "Hai que seguir loitando, porque hai moita xente que nos apoia"

Cristóbal Parralo manifestou na sala de prensa do Estadio Sánchez Pizjuán que este resultado "non nos deixa tocados nin nada. Temos un partido importantísimo esta fin de semana. O que hai que facer é recuperarnos, seguir traballando duro e tentar mellorar. É o único que podemos facer".

Recalca o técnico deportivista que "hai que seguir traballando, loitando, porque hai moita xente detrás que nos apoia e tentar facer as cousas moitísimo mellor".

Do partido, indicou Cristóbal que o "Sevilla foi mellor e colleitou unha xusta vitoria".