RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal: "Non queda outra que seguir, levantarse e traballar máis duro se cabe"

Cristóbal Parralo manifestou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que "o partido estivo condicionado pola expulsión de Celso. A partir de aí, tentamos co marcador favorable dúas liñas de 4 cun punta, ir basculando, facendo que pasase o tempo. Temos unha vantaxe. Eles dominaban pero tiñan impotencia para crear ocasións".

O técnico deportivista explica que "por mor de encaixar o primeiro gol foi un mazazo moi duro para o equipo. Eles colleron confianza, tentaron o empate, que lles chegou doutro tiro lonxano".

Subliña Cristóbal que foi "un partido onde nos tocou sufrir desde o primeiro momento con moitas cousas. Xa sabemos que cando un equipo está nunha situación como a que estamos, adoita pasar de todo".

Recoñece o adestrador branquiazul que "un día tras outro custa asimilar todos estes golpes que está a recibir o equipo".

Confesa que o vestiario está "doído, amolado igual que eu e igual que todos os que queremos ao Deportivo. Non queda outra que seguir, levantarse e traballar máis duro se cabe".

Pola súa banda, Juan Ramón López Muñiz, técnico levantinista, viu un partido no que o seu equipo "saíu a dominar o encontro, que fixo unha moi boa primeira parte, que ía perdendo 2-0 inxustamente, que até o minuto 90 tivo fe e creu nas súas posibilidades, que acabou dominando o partido e en campo contrario".