RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal Parralo admite que "o máis xusto polo que houbo no campo é o empate"

Cristóbal Parralo manifestou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que "xa o primeiro día detectamos o problema, que é que encaixabamos moitos goles. E cando digo en defensa falo de todo o equipo, non da liña defensiva unicamente. Está claro que non podemos marcar cada partido 2 goles e encaixar 2 ou 3 goles como nos pasou nas 2 últimas semanas".

Por este motivo, pide o técnico deportivista "seguir tentando mellorar esa faceta. Imos ver se co esforzo de todos podémolo conseguir. Logo temos xogadores desequilibrantes arriba que estou seguro que se logramos ser máis sólidos haberá moitos partidos que gañaremos pola claridade e a calidade dos xogadores de arriba".

Do resultado final, Cristóbal opina que "foi un partido competido. Os dous equipos tivemos situacións para gañar e para perder. O máis xusto polo que houbo no campo é o empate".

Pola súa banda, 'Cuco' Ziganda, adestrador do Athletic Club, comenta que "empezamos ben o partido. Pero após o gol, non sei se porque o equipo de casa te pecha ou nós deixamos de combinar, inconscientemente botámonos atrás. E foron os peores minutos nosos. Logo ao final do primeiro tempo fomos capaces de frear o arreón normal do equipo de casa".

Após o descanso, o técnico vasco explicou que "o segundo tempo era noso. Fomos capaces de facer o 1-2 e tivemos ocasións suficientes de facer o 1-3. Unha de Rico, outra de Iturraspe... Logo co cambio de Andone, eles meteron máis xente arriba e é verdade que che poden presionar alto, pero non teño esa sensación de que nos botamos atrás. Co 2-2- tivemos chegadas moi claras para poder facer o terceiro gol".

Por este motivo, segundo Ziganda, "tivemos opcións moi claras de gañar e escapóusenos o partido. Non podemos estar contentos".