RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal Parralo: "Non podemos conceder tanto ao rival"

Cristóbal Parralo achegou na sala de prensa a clave, ao seu xuízo, do partido desta noite ante Las Palmas, na ida dos dezaseisavos de final da Copa do Rei: "Temos que ser moito máis intensos, moito máis agresivos sen balón. Non podemos conceder tanto ao rival. Non podemos dar esas facilidades que estamos a dar".

Non cre que sexa un problema dos defensas, "senón de todo o equipo. Sen balón temos que ser moito máis intensos e agresivos, se queremos ser un equipo sólido e que poida competir e gañar partidos".

Asegura que "o partido si déixache sacar moitísimas conclusións, sobre todo de rendemento, de carácter, e ver a personalidade de cada xogador. Dáche unha guía de como poden ir as cousas".

Preguntado pola expulsión de Juanfran na primeira metade, Cristóbal subliñou que "non pode suceder que quedemos con dez xogadores nunha situación tan dura e difícil. Iamos perdendo 0-2, os compañeiros tiveron que dobrarse en esforzos. Fixemos un gran esforzo e agora temos que recuperarnos ben para o partido do luns".

Pola súa banda, Pako Ayestarán, técnico da UD Las Palmas, manifestou que o partido servirá de punto de inflexión "no resultado claramente e no xogo por momentos si. Creo que fixemos un bo primeiro tempo, logo vímonos favorecidos pola expulsión. Aínda que si que é certo que tiñamos vantaxe e o xogo estaba a ser o que pretendiamos. Logo vese que o equipo está a mellorar, cada vez está a facer as cousas mellor máis tempo".

Iso si, advertiu que en 15 minutos da segunda metade, "non tivemos o control do partido. Eses son aspectos que, como dixen na previa, o coche ten avarías, imos solucionando, pero aínda hai traballo por facer".