RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal: "Sentimos dar esta imaxe"

Cristóbal Parralo manifestou na sala de prensa de Anoeta que "houbo un gran bloqueo no equipo. Todos rendemos por baixo do noso nivel, e así é moi difícil competir". "Non fomos capaces de gañar ningún duelo, de dar un pase en condicións. É imposible facelo peor", subliña.

O técnico deportivista pediu desculpas aos afeccionados: "Sentimos dar esta imaxe. Todos moi por baixo do nivel que eles teñen. Son o responsable de que non rendesen como deberían".

Non cre que o Dépor sexa un equipo "en descomposición". "Paréceme un equipo que non estivo á altura do partido. Despois do segundo gol baixamos totalmente os brazos e deixamos de competir", engade.

Insiste en que "os xogadores non teñen o nivel que mostraron hoxe, nin moito menos. Seguro que é responsabilidade miña que eles non desen o cento por cento do que poden dar".