RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal: "Son 3 puntos importantes pero hai que seguir. Queda moitísima temporada por diante"

Cristóbal Parralo asegurou na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR, unha vez concluído o encontro ante o CD Leganés, que "fomos xustos vencedores".

Aínda que o técnico deportivista recalca que "fomos mellores desde o principio até o final, o feito de non matar o partido cun segundo gol que nos deu máis tranquilidade, en calquera situación, e máis coa dinámica que levabamos, poderiamos encaixar un gol. Afortunadamente deixamos a portería a cero, que é un dato importante para tentar reforzar o traballo defensivo que viñamos facendo".

Este triunfo supón para Cristóbal "tres puntos importantes pero hai que seguir. Queda moitísima temporada por diante. É un calendario difícil, hoxe tamén era un partido complicado contra un equipo que está ben clasificado, con bastantes máis puntos que nós. Vin ao equipo ben, mesmo superior durante boa parte do partido".

Ademais, opina que "reforza moito cando gañas da maneira que o fixeches, sendo superior ao rival, non encaixando goles, deixando ao rival sen apenas situacións de gol. Iso reforza moito o que estamos a facer. Espero que se note nos próximos partidos".

Pola súa banda, Asier Garitano, adestrador do Leganés, tamén recoñeceu a "xusta vitoria do Deportivo, foi mellor desde o principio pola diferenza de intensidade con e sen balón. Non estivemos cómodos en ningún momento, só vivos porque o resultado era un 1-0 e en calquera xogada podiamos facer gol. No descanso cambiase 5 ou 6, a primeira parte foi mala, non saíu nada", aseverou.