RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Cruel derrota do Xuvenil B (4-5) no minuto 90 após ir gañando 4-2 e sufrir unha expulsión na recta final

Xuvenil B e Ourense CF protagonizaron en Abegondo un espectacular encontro correspondente á 3ª xornada na liga Nacional, que se resolveu no minuto 90 a favor dos ourensáns (4-5).

O choque, que estivo infestado de alternativas no marcador, parecía definitivamente de cor branquiazul no minuto 55, co 4-2 provisional, grazas ás dianas de Carracedo, Portas, Noel e Padín.

A partir de aí cambiou de novo o rumbo do encontro. Os visitantes recortaron diferenzas e, con 3-4, o Xuvenil B sufriu a expulsión de Dani Barcia por dobre amarela. Esta circunstancia deu ás ao Ourense CF, que foi capaz de darlle a volta ao marcador no último suspiro, para levar un excesivo botín.

Con este resultado, o Xuvenil B segue coa súa conta de puntos a cero.

Xuvenil B: Brais, Concheiro, Añón, Carracedo, Dani Barcia, Pablo Martínez, Aye, Portas, Noel, Jairo e Padín. Tamén xogaron: Nájera, Chucas, Urdiales e Ian.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao ED Val Miñor B.

Os resultados do Xuvenil B son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5