RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Cuádruplo enfrontamento co Lugo esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O calendario de partidos da fin de semana en #ANOSACANTEIRA vén marcado por un cuádruplo enfrontamento o sábado 22 co CD Lugo na Liga Nacional xuvenil, División de Honra cadete, Liga Galega cadete e Liga Galega infantil.

Destes 4 partidos, 2 serán en Abegondo: Xuvenil B e Cadete A; e os outros 2 no Municipal Rodríguez Lago en Lugo: Cadete B e Infantil A.

Para estes dous encontros, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 3 euros.

En Segunda División B, a Fabril visita ao Burgos, o seu antecesor na clasificación, co firme obxectivo de lograr o seu primeiro triunfo ligueiro.

Tamén xogan lonxe de Abegondo: Deportivo ABANCA B (o domingo en Arcade), Xuvenil A (o domingo en Colindres) e Infantil B (o sábado na Coruña).

O único amigable desta semana é o do Benxamín B, que este sábado (10:00) recibe en Abegondo (campo de herba sintética) á Santa Cruz.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
5ª xornada: BURGOS - FABRIL, o domingo 23 de setembro ás 17:00 en El Plantío
Clasificación: ... 15. Unionistas de Salamanca, 4 puntos; 16. Atlético de Madrid B e Unión Adarve, 3 puntos; 18. Burgos, 2 puntos; 19. Fabril, 1 punto; 20. Rápido de Bouzas, 0 puntos

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 3ª xornada: ARCADIA EF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 23 de setembro ás 18:30 no Salgueirón (Arcade)

Categoría xuvenil
4ª xornada: CD COLINDRES - XUVENIL A, o domingo 23 de setembro ás 12:00 nos Campos del Carmen (Colindres)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 9 puntos; 2. Real Racing Club, Sporting de Gijón, Xuvenil A e Lugo, 7 puntos; 6. Oviedo, 5 puntos...

Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B - LUGO B, o sábado 22 de setembro ás 13:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: CADETE A - LUGO, o sábado 22 de setembro ás 11:30 en Abegondo (campo 6)

Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: LUGO B - CADETE B, o sábado 22 de setembro ás 12:00 no campo Rodríguez Lago 1 (Lugo)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: LUGO - INFANTIL A, o sábado 22 de setembro ás 10:00 no campo Rodríguez Lago 1 (Lugo)

4ª xornada: VICTORIA B - INFANTIL B, o sábado 22 de setembro ás 10:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, Oza Juvenil e Victoria B, 9 puntos; 4. Bergantiños B e Atlético Coruña Montañeros B, 7 puntos...

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN B - SANTA CRUZ, o sábado 22 de setembro ás 10:00 en Abegondo (campo de herba artificial)