RCD / NOVAS

Dani Aranzubia e Fabricio visitan por videollamada aos porteiros de #ANOSACANTEIRA

06/05/2020 18:32

Dous dos grandes porteiros que tivo o RC Deportivo nas súas filas, Dani Aranzubia e Fabricio Agosto, visitaron de forma virtual aos metas xuvenís e cadetes de #ANOSACANTEIRA, nunha actividade coordinada por Alberto Casal, técnico de porteiros do Fabril.

Participaron os gardametas Alberto, Íker Pedra, Rodrigo Toja, Nuno, Hugo Ríos, Unai, Hugo Lemos, Sergio Varela e Adrián Pereda.

A actividade, que se prolongou por espazo dunha hora, serviu para que Aranzubia e Fabricio contasen anécdotas do seu pasado branquiazul e respondesen as cuestións dos novos porteiros deportivistas.

Tanto Dani Aranzubia como Fabricio mostráronse orgullosos de vestir a camiseta do Deportivo.