RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez asegura que "o equipo o deu todo" e Bóveda xa "a por o ano que vén"

Os capitáns Dani Giménez e Eneko Bóveda atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio de Son Moix.

O meta galego admite que foi "un trompazo tremendo", pero iso si subliña que "non nolo merecemos. O Mallorca foi superior. Nós practicamente tiramos unha vez a porta en todo o partido. E iso non era o que planearamos".

Recalca que "o equipo deu todo o que tiña. Non nos saíron ben as cousas e vímonos superados".

Pola súa banda, Eneko Bóveda indica que "agora soa raro, pero a por o ano que vén. Desde o principio a tope, a tope, a tope".

O defensor deportivista resume así a eliminatoria: "Nós fomos mellores na ida e eles mellores na volta. Aínda que non valla para nada temos que darlle a volta á cabeza e aprender a ser mellores", conclúe.