RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez: "Detectamos o que está mal e sabemos a maneira de superalo"

Dani Giménez, un dos capitáns, asegurou que o cadro non cre que a falta de eficacia ou a mala sorte sexan as causas dos resultados últimos do equipo: "Cremos que estamos a facer as cousas peor que antes. Hai cousas que xeran dúbidas cando non che saen ben, cando traballas un par de ideas e á hora de demostralas o domingo non che saen. Cando os xogadores temos dúbidas, costa máis facer o noso xogo".

Por conseguinte, o meta deportivista ve "normal que se xere este certo clima de desconfianza, este ambiente enrarecido en torno ao equipo".

Asegura o futbolista galego que "detectamos o que está mal e sabemos como é a maneira de superalo. Ao final isto son palabras. Se non gañas o domingo, de nada vale".

Opina que o partido deste domingo 31 de marzo no Carlos Tartiere de Oviedo (18:00 horas, Movistar Partidazo) "é un partido para madurar. É un partido no que un detalle, un 'un contra un', un centro, unha segunda xogada pódeche dar os 3 puntos ou quitarchos".

Explica Dani que estamos a traballar "na concentración, en ser intelixentes e en non vernos superados porque en 2 ou 3 accións seguidas o equipo contrario nos faga sufrir. Temos que limpar esas dúbidas, limpar a mente e coma se fose o primeiro partido da temporada. Xogar noventa e pico minutos coma se só existise ese partido. E ademais con 3.000 deportivistas, imos notar ese alento aí, como xa pasou en Xixón".

Conclúe o porteiro branquiazul que "todo está para que o equipo compita ben. Pero isto é fútbol, os resultados non dependen só de ti. Pero se nós competimos ben, temos moitísimas posibilidades de gañar o partido".

Insiste en que o partido en Oviedo "non é definitivo pero nós témolo que afrontar coma se o fose. Fálase moito do partido a partido. É a maneira de enfocar hoxe en día o fútbol. Cada rival é completamente distinto ao que che vén despois. A transcendencia que ten este partido para os xogadores é máxima. O fútbol ten moitísimas variantes nun partido, pois imaxínate nunha temporada enteira e en 10 partidos que é o que quedará despois. Nós centrámonos no Oviedo. Para nós é transcendente. E xa está".

Indicou que o pasado venres, ao finalizar o partido en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería, "cando non che saen ben as cousas, cando acabas de empatar un partido que querías gañar, e estanos custando en casa estes puntos. O xogador tende a agachar a cabeza e irse cara adentro. Queriamos facer ver, cousa dos capitáns e o míster, que a pesar de que a xente estea desilusionada ou que nos pida algo máis, agradecerllo. Que eles visen que por nós non vai ser. Sabemos que non estamos a facer ben as cosas pero sabemos que o podemos facer moito mellor e que nos podemos volver enganchar".