RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez e Borja Valle falan de "paso atrás" do equipo

Dani Giménez e Borja Valle pasaron pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O meta deportivista, que ademais detivo un penalti con 1-2 no marcador provisional, cualificou o encontro como "un paso atrás. Volvemos a un punto de partida pois moi malo".

Cre que a situación é "salvable" aínda que advirte que "se xogamos como se xogou hoxe non se vai a salvar senón que cada semana farase máis grande a distancia. E se é máis grande, será máis difícil de sortear. O equipo ten que cambiar. Parecía que tiñamos uns bos alicerces nas últimas semanas, pero hoxe outra vez metemos a pata, pecamos de ser un equipo non sen alma, pero coa alma rota. E así é moi complicado".

Finalmente, Dani Giménez fala tamén de "mazazo. Hai moita xente no vestiario, practicamente todos, que cremos na salvación pero tamén cremos que xogando como hoxe non se vai a conseguir. As cousas son así. Non é ningunha fazaña salvarse. Eu non vin aquí a estar na situación que estou pero son consciente da situación na que estou e non podemos estar aí".

Pola súa banda, Borja Valle, autor do único tanto deportivista, apunta que o de hoxe é un golpe "aínda máis duro porque sumas unha xornada máis, unha imaxe mala máis, 3 goles en contra outra vez, 0 puntos e afástasche máis do obxectivo que temos agora que é a salvación".

O atacante berciano subliña que "non estamos a dar ningún o nivel, non estamos a representar o escudo como se merece nin en ABANCA-RIAZOR nin fóra. En casa deberiamos ser moito máis fortes e esperas gañar, esperas conseguir puntos e non os consegues. Non estamos a dar o nivel. As condicións deste cadro non son para estar onde estamos".

Borja Valle asume que o obxectivo "agora mesmo é salvar a categoría si e si. E non estamos a dar o nivel para iso. Entón o Deportivo está na situación que está. Hai 2 semanas viuse un Deportivo mellor, coas ideas máis claras, que mesmo convencía. A xente foise cun empate contenta. E nós mesmo. O outro día en Lugo algo similar. Hoxe volves perder, vólvenche a pegar un meneo en casa, non es sólido, non es contundente, non fas dano. Volves á mesma situación de antes. Un paso atrás".