RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez e Didier Moreno dan por bo o empate final

Dani Giménez e Didier Moreno atenderon aos medios de comunicación na sala de prensa do Cerro do Espino.

O meta galego opina que o Deportivo "mellorou respecto doutros partidos fóra de ABANCA-RIAZOR".

Un dos capitáns deportivistas, aínda que se declara "un pouco inconformista porque creo que necesitabamos gañar fóra de casa", indica non obstante que "a sensación que dá desde a portería é que o equipo estivo mellor que as outras visitas".

Considera este encontro ante o Rayo Majadahonda como "un paso adiante que nos serve para afrontar estes dous partidos en ABANCA-RIAZOR con tranquilidade e para saber que o seguinte partido fóra temos que seguir mellorando".

Pola súa banda, Didier Moreno manifestou que o partido foi "un lindo espectáculo para os que asistiron. Foi un encontro disputado nun campo difícil, pero era o que había. Era para os dous equipos. Eles tiveron ocasións, nós tamén tivemos. Ao final faltounos o gol".

O internacional colombiano admite que ao equipo cústalle gañar fóra de ABANCA-RIAZOR, "pero estamos a traballar para reverter estes números. Pero son moi bos números os que levamos até agora no que vai de torneo. Esperemos seguir sumando, seguir traballando e empezar Deus mediante a sumar de 3 en 3 fóra".

En resumo, Didier queda co "bo traballo" do equipo. Faltounos o gol para levarnos unha vitoria. Pero contentos co traballo do equipo. Seguimos sumando e mantémonos nos postos de privilexio", concluíu.