RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez e Jovanović participaron nunha videoconferencia cos porteiros xuvenís e cadetes de #ANOSACANTEIRA

Os porteiros do primeiro equipo Dani Giménez e Aleksander Jovanović participaron nunha videoconferencia cos porteiros xuvenís e cadetes de #ANOSACANTEIRA: Adrián Pereda, Hugo Lemos, Sergio Varela, Hugo Ríos, Manu Castro e Rodrigo Toja.

A actividade está coordinado polos técnicos de porteiros do Club Yván Castillo, Alberto Casal e Iván González.

Yvan Castillo explicou o método de adestramento diario de Dani Giménez e Jovanovic durante o confinamento; e os canteiráns, pola súa banda, tiveron a oportunidade de facer preguntas aos dous profesionais sobre o día a día, ídolos...

A charla, duns 30 minutos de duración, foi valorada moi positivamente polos adestradores e a próxima semana a intención é repetila, pero esta vez cos gardametas infantís de #ANOSACANTEIRA.