RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez: "Estamos xa xogando partidos de play off. Calquera fallo que teñamos podes ver truncada toda a temporada"

Dani Giménez manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que, após as dúas últimas vitorias consecutivas, "agora que a todos os equipos cústalle moitísimo conseguir eses puntos, parece que nós estamos a despegar outra vez".

O meta deportivista baséase en que eses 6 puntos seguidos "fanche ter esa tranquilidade e esa confianza que tamén fas cousas ben. Sobre todo esa solidez que volvemos a recuperar. E moitas veces é crer en ti mesmo. As cousas saen ben moitas veces porque ti estás preparado para que saian ben".

Un dos futbolistas máis regulares esta temporada, non sente líder do Dépor: "Son un máis que, como outros 3 ou 4 teño máis experiencia por idade ou situacións vividas. O liderado exércelo co que mostras no campo e no día a día tratando de axudar a todo o mundo. A xente que pasamos por situacións boas e malas sexamos exemplo para os demais. O de ser líder, eu creo máis no liderado colectivo, que a xente trate de facelo sempre o mellor posible e que todo o mundo xogue sempre de acordo ao seu potencial. Neste momento xa levamos tempo que non é así, pero creo firmemente que estes dous resultados bos fóra de casa van facer que a xente en ABANCA-RIAZOR o próximo día sóltese un pouco máis".

Opina Dani Giménez que se o Dépor non é capaz de vencer este domingo 12 de maio en ABANCA-RIAZOR ao Cádiz CF (16:00 horas, Movistar Partidazo), "se nos esfuman todas as posibilidades de ascenso directo. Creo firmemente que podemos gañar todos os partidos. Pero é difícil que os que están arriba perdan tantos puntos. Todo se pode dar. Despistariámonos se pensásemos nestas cousas. Todas as nosas enerxías teñen que ir no partido do Cádiz porque realmente non é definitivo pero vainos a marcar o que pode facer o Deportivo. Se nós gañamos en casa, se convencemos, se enganchamos á afección outra vez, se a xente volve desenvolver o seu potencial, se volve crer en si mesmo, o Dépor pode conseguir o obxectivo a final de temporada".

Do rival do domingo, advirte que "cando dominas a un equipo como o Cádiz, sabes que eles están cómodos. Tamén é un equipo ao que se lle fan ocasións. E é bo que nós teñamos na cabeza que en calquera momento podemos meter gol. Temos xente con gol, xente con cada vez máis confianza como Fede Cartabia ou Carlos Fernández. Ao final é aproveitar esa dinámica. Hai moitos factores que poden influír como está un equipo, anímico sobre todo. Cada vez o fútbol é un deporte máis psicolóxico. É importante saber ao que nos enfrontamos. Un equipo que posiblemente nos deixen xogar no noso campo, pero unha vez rouben van ser moi verticais. Estamos a ser bastante sólidos no repregamento, aínda que é verdade que nos falta ás veces esa presión alta e as segundas xogadas collelas e ter a tranquilidade para desenvolver o fútbol. Non está a custar ganduxar eses 2 ou 3 pases para logo facer dano".

Pide "ser verticais porque nos está custando desenvolver o xogo. E o mesmo que eles nos van a saír ao contraataque cando perdamos o balón, se nós somos capaces de roubarlles nese tres cuartos do seu campo, tamén podemos facer moito dano".

Asegura Dani Giménez, un dos capitáns, que o proceso electoral no que está inmerso este mes de maio o RC Deportivo "a nós non nos afecta. Ao futbolista no día a día non lle afecta. Estamos un pouco fóra de todo iso. Nós cando haxa eleccións e gañe alguén, pois apoialo e tentar dalo todo no campo para que a el lle vaia ben. O mundo do fútbol vira ao redor dos resultados dos xogadores. Se gañan todo se perdoa unha xestión peor e se as cousas van mal, dá igual que sexas o mellor xestor do mundo, o mellor Presidente, ao final todo penaliza". "Temos moi claro que todo o bo que lle poida pasar ao Dépor pasa por nós, polos xogadores. Ao final é centrarse no traballo noso, no traballo diario. Soltarse xa dunha vez e ser superior ao contrario", conclúe.

A estas alturas da temporada, "vese que todos os equipos están a xogarse o importante. Vese que xente que xogaba máis alegre xoga menos alegre. Vese que é complicado mesmo facer ocasións. E cando queden 2 ou 3 xornadas, por exemplo ante Córdoba e Elxe que se cadra non se estean xogando nada, son mesmo máis perigosos. Eles van xogar cunha tranquilidade que nós non nos imos a poder permitir. Nós estamos a xogar xa partidos de play off. E é así. Calquera fallo que teñamos podes ver truncada toda a temporada. Esa presión que nós nos metemos para estar concentrados, para ser gañadores nos enfrontamentos, ese nivel de concentración que temos que ter por exemplo nun partido contra o Cádiz, agora é cando se ve, e cando tes que sacar o mellor teu porque o contrario vaino a sacar".

Admite preocupación porque o equipo "non saiba que en ABANCA-RIAZOR o que ten que facer é gañar. Non imos agora a cambiar o estilo de xogo e de súpeto pasar por encima dos rivais por xogar en casa, porque nos custou durante a temporada e agora é moi difícil facelo. Apelo a esa mentalidade, a esa competitividade que creo que melloramos nestas últimas semanas".