RCD / NOVAS

Dani Giménez gaña, por segunda vez, o trofeo xogador Estrella Galicia do mes no Dépor

10/04/2019 13:14

O porteiro e capitán do Deportivo, Dani Giménez, foi galardoado esta mañá en Abegondo, por segunda vez no que vai de temporada, co premio a Xogador do Mes que outorga Estrella Galicia da man da afección do Dépor. O recoñecemento chega após os partidos disputados contra AD Alcorcón, UD Las Palmas, UD Almería e Real Oviedo.

Con 1.982 votos emitidos en Twitter, Dani recibiu o 67% dos apoios por diante de Quique González (27%) e Domingos Duarte (6%). Os 3 finalistas foron elixidos polos xornalistas que cobren a diario a información e os partidos do equipo.

Dani Giménez, do mesmo xeito que Edu Expósito acumula dous trofeos Estrella Galicia esta temporada e, con Borja Valle, Carlos Fernández e Quique González, completa os gañadores deste galardón no que vai de campaña.

Sonia Pardiñas, xerente do Destapa Santa Clara, como hostaleiros do mes, foi a encargada de entregar o premio a Dani, que á súa vez entregou aos responsables do local unha camiseta asinada por todo o equipo.

Máis novas de: DANI GIMÉNEZ