RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez resalta que o equipo "agora defende xunto" e que ademais "ten unha identidade"

Dani Giménez pasou esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O meta deportivista confirma que as súas molestias van "mellorando. Tiñamos medo de que se estancara aí un pouco esa melloría as primeiras semanas. Logo xa mellor. A semana pasada puiden golpear xa. Supoño que o domingo estarei aínda mellor. En portería non me impide moito, porque é unha dor aguantable pero nos golpeos... aos poucos ese traballo de forza, esa potencia parece que vai un pouco a mellor". Aclara que "non está degenerada a zona. Estou na fase aguda que é molesta. Un xogador ten o perigo de machucarse e ao final van pasando os meses e acaba operándose. A sorte que temos os porteiros é que nos podemos xestionar eses esforzos. Facendo ese traballo compensatorio seguir en forma. Daquela adestrando 2 ou 3 días á semana en portería. E imos tirando".

Con ampla experiencia no fútbol profesional, percibe nesta segunda volta "un ambiente distinto", aínda que advirte que "non houbo nunca mal ambiente no vestiario. Iso é de agradecer. Quizais nalgúns momentos pecamos de ser un pouco pasivos pola situación. Pero son as características do vestiario e xa está. Agora gozando. Cando vés do máis baixo da clasificación, cando empezan a saír as cousas, cando empezas a confiar en ti mesmo, no día a día seremos máis alegres e estaremos máis felices, máis contentos. Todo se contaxia e fai que o equipo siga sumando, siga xogando a algo no que cre e sacando bos resultados".

Dani Giménez sostén que unha das claves do bo facer do Dépor en defensa nos últimos partidos é que "simplificamos as cousas en defensa. Agora o equipo defende xunto. Antes partiámonos demasiado, xogabamos moi longos, non presionabamos ben, non somos un equipo que nos un contra un defensivos sexa capaz de roubar balóns. Estamos máis esperando a nosa posición e buscamos máis interceptar ou por acumulación de xente sacar eses balóns".

Ademais, non se esquece de que "os resultados che fan crecer. Na portería pásalo mal cando non ganas, cando métenche goles, cando crees que mereces máis e acabas perdendo en calquera xogada (rebote, gol en propia meta...)".

Finalmente, subliña que "non temos tantos erros como antes. Antes non marcabamos ben ou nos custaba marcar a nosa zona de interacción. Entraba un xogador e non nos dabamos conta. Logo permitiamos tiros demasiado fácil. Chegou Fernando Vázquez e estamos a mellorar. Temos moitísimo potencial para mellorar. Podemos dar un paso adiante en canto a agresividade cando o xogador está preto, que non nos fagan centros, que non nos fagan tanto tiro. A maneira de xogar é esta e a maneira de crecer é desde ese estilo de xogo ir pouquiño a pouco mellorando".

Cre o futbolista branquiazul que "o equipo ten unha identidade. É certo que durante a primeira volta non xogamos mal pero vías un partido do Dépor e outro e non vías unha identidade. Os xogadores con dúbidas, perdiamos e non atopabamos ese sistema ao que aferrarnos: isto salga ben ou mal é o noso estilo de xogo. Aínda encima temos o apoio dos resultados. Cando ves que ganas así, vas crendo máis. Nótase na cabeza dos xogadores, nas miradas, nos comentarios cando estamos a xogar".