RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez, xogador Estrella Galicia de novembro no Dépor

O porteiro galego e capitán do Real Club Deportivo, Dani Giménez, foi elixido os deportivistas como o Xogador Estrella Galicia do mes de novembro, nos partidos disputados contra UD Las Palmas, Real Oviedo, UD Almería e CA Osasuna.

2.077 afeccionados participaron na votación que os seguidores do Dépor realizaron en Twitter. Dani, que xa fora candidato o mes anterior, levou o 63% dos apoios, por diante de Saúl García (21%) e Carlos Fernández (16%), grupo de candidatos determinada polos xornalistas que cobren a diario a información e os partidos do equipo.

Dani únese ao cadro de honra do premio xunto a Carlos Fernández e Quique González, gañadores dos meses de outubro e setembro, respectivamente. O porteiro deportivista recibiu o trofeo acreditativo no Estadio Abanca-Riazor de mans de Rubén Naveira, do Restaurante A Casa do Cura. Pola súa banda Dani entregou a camiseta do equipo para que luza no establecemento do hostaleiro do mes, situado na Costa da Lonxa, 16 Baixo en Culleredo.